*****************************************************************************************************

XORNADA SOBRE BIG DATA E ESTATÍSTICA  (VER WEB DO EVENTO)

DATA: 19 de Xuño de 2015 HORA: de 09:30 a 13:45 e 16:00 a 19:15 horas

LUGAR: Facultade de Informática, Campus Elviña s/n,  A Coruña.

RESUMO: Xornada organizada pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións  (SGAPEIO), o grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC.

A realización conxunta deste encontro ven reforzar e solidificar as colaboracións xa existentes entre a SGAPEIO e os distintos grupos de investigación das universidades galegas, para a promoción e divulgación da Estatística e da Investigación Operativa. A extensión destes obxectivos a toda a comunidade científica e o mundo empresarial fará que a xornada sexa máis frutífera.

A xornada inclúe un programa de sesións plenarias e un minicurso.

INSCRICIÓNS: Ate o 07 de xuño de 2015 (gratuíta)

SESIÓNS PLENARIAS:

- Amparo Alonso Betanzos, Universidade da Coruña.

- Ery Arias Castro, University of California, San Diego.

- Carme Artigas Brugal, Synergic Partners, Barcelona.

- Daniel Peña Sánchez de Rivera, Universidad Carlos III de Madrid.

 

OBRADOIRO DE BIG DATA : ANÁLISE ESTATÍSTICO DE REDES CON R

- Pedro Galeano San Miguel, Universidad Carlos III de Madrid

*****************************************************************************************************